Aproveitando a estadía de Madlenka e todos nós no Xapón, elaboramos unha preciosa historia en formato Kamishibai, que é unha
forma de contar contos moi popular no Xapón .
Consiste en narrar un conto ou
historia nun teatriño no que se colocan
as láminas, que se van deslizando e pasando según vai discurrindo a historia. O
narrador vai lendo o texto que está no reverso mentres os nenos contemplan os
debuxos.
Fixemos un kamishibai colectivo entre todas as escolas do CRA.A experiencia resultou moi boa e creativa porque os nenos disfrutaron un montón coa
actividade e motívalles moito ver o traballo colectivo final.
Aquí tendes os estupendos resultados:
Aquí tendes os estupendos resultados:
Ten de música de fondo a canción Ureshii Hinna Matsuri; podes premer no icono do altofalante para lla baixar ou pausala.
Tamén o podes ler noutro formato:
No hay comentarios:
Publicar un comentario