domingo, 23 de noviembre de 2014

O peixe arcoiris

Educar a intelixencia emocional dos nosos alumnos  convertiuse
nunha tarefa necesaria no ámbito educativo, traballando a educación emocional axudamos aos alumnos a ser pacientes, participativos, empáticos, aprendendo a recoñecer e  regular as súas propias emocións.
Os obxetivos que  intentamos conquerir co traballo sobre educación emocional na aula, son os seguintes:
-Favorecer o desenvolvemento da confianza básica como sustento para a formación da persoa.
-Construir unha actitude empática como base da solidaridade.
-Sentir placer coas demostracións das propias emocións e sentimentos.
-Afianzar o  desenvolvemento da linguaxe.
-Desenvolver conceptos matemáticos.
-Adquirir vocabulario emocional.
-Identificar as propias emocións e sentimentos.
-Recoñecercer os sentimentos i emocións dos demáis.

Os contos están deseñados para facilitar o diálogo cos nenos e nenas sobre temas educativos que é importante tratar preventivamente xa dende a infancia.O conto, é un marco de xogo que se adapta a linguaxe e á maneira de pensar dos nenos.


1. El Pez Arcoiris
Arcoiris é o peixe máis fermoso do océano, coas  súas preciosas escamas de mil colores. Pero a pesares da súa beleza  síntese moi solo. Por que os demáis peixes non queren xogar con él?

Un libro preciosamente ilustrado que  ensina a importancia de saber compartir.






No hay comentarios:

Publicar un comentario