Hoxe 15 de
maio celebrase o Día Internacional da Familia, dende que no el ano
1993 a Asamblea Xeneral das Nacions Unidas decidiu elexir este día para a súa conmemoración.
A familia, nas súas diferentes
formas, é o elemento máis importante da sociedade humana, onde os nenos medran
e son educados, onde deben recibir amor, coidados e proteción, ademáis dunha
formación integral como seres humanos.
Hoxe hai familias monomarentais,
algunhas monoparentais, familias nas que os pais non conviven e incluso outras
nas que os pais ou nais son dúas persoas do mesmo sexo. Pero todas se nutren do
impulso biolóxico e emocional que é ese
desexo de reproducir nosos xenes e ser con eles
eternos. Criar nenos sans, felices, libres e non violentos é o reto que
teñen as familias de hoxe, formar o niño onde nosos pitiños aprenderán a voar
para chegar onde súas ás lles leven, movidos pola convición de que é posible
cambiar o mundo.
Con este
Día Internacional da Familia preténdese concienciar sobre os temas
relacionados coa familia e mellorar a
capacidade das nosas institucións para enfrentar problemas relativos a ela
mediante políticas globais. A Humanidade cambia hoxe como ten cambiado ao longo
da historia e protexer a familia é dar cabida ás diferentes fórmulas que as
persoas atopan para vivir as súas
realidades en toda a súa diversidade e libremente.
FELIZ DÍA DA FAMILIA A TODOS E TODAS!!!!
CONTO SOLIDARIO: "Una familia grande para un nido pequeño"
CANTIGA: "La familia unida"
Unha data importante a salientar, porque a familia é o pilar fundamental da educación d@s nos@s nen@s e unha grande axuda á hora de apoiar o traballo que se fai na escola. ¡Feliz día da familia a tod@s!
ResponderEliminar