Un museo é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas, etc., sempre cun valor cultural, segundo o International Council of Museums (ICOM). Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a Antigüidade. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos. O mesmo ocorría cos obxectos valiosos e obras de arte que coleccionaban algunhas persoas da aristocracia en Grecia e en Roma; tíñanos expostos nas súas casas, nos seus xardíns e ensinábanos con grande orgullo aos amigos e visitantes.
En 1977 a ONU declarou o 18 de maio como Día Internacional dos Museos.
O Día Internacional dos Museos celébrase en todo o mundo desde 1977, segundo a resolución 5, tomada na XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional de Museos), en Moscova. Cada ano, un tema é elixido polo Consello Consultivo. O evento ofrece a oportunidade aos museos e aos seus profesionais para achegarse ao público e á sociedade e de facerlles coñecer os cambios que os museos desenvolven posto que son -como expresa a definición do ICOM do que é o Museo-unha institución ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. O lema elixido é tamén discutido en Noticias do ICOM, unha revista que dá a coñecer as súas actividades e distribúese entre os membros do ICOM.
O Día Internacional do Museo é un motivo para propiciar as iniciativas que promovan as súas institucións, destinadas ao público, intentando ademais dirixir a atención das institucións das que dependen e dos gobernos cara ás funcións e necesidades dos museos, e incrementando o diálogo entre os profesionais e as distintas disciplinas ou especialidades.
O lema deste ano:
“Museos en un mundo cambiante. Nuevos retos, nuevas inspiraciones”
PODEMOS VISITAR OS MUSEOS NA CONTORNA:
En Sada-O Castro de Samoedo:
Museo Galego de Arte Comtemporaneo Carlos Maside
En Betanzos:
Museo de As Mariñas
Museo Fundación CIEC
- Museo de Arte Contemporáneo
- Museo de Arte Sacro de la Colegiata
- Casa Museo Picasso
- Fundación Luis Seoane
- Casa Museo de Emilia Pardo Bazán
- Museo Militar Regional
- Museo de los Relojes
- Fundación María José Jove
- Museo Pazo de Mariñan
- Casa de los Peces
- Casa del Hombre
- Casa de las Ciencias
- Torre de Hércules
- Castillo de San Antón
- Casa Museo de María Pita
e, virtualmente, no PINTUREIRO o blogue de arte do CRA de Bergondo
PINTU
FELIZ DÍA DOS MUSEOS A TODOS E TODAS !!!!!!!!!
Tomaremos boa nota e visitaremos algún. Unha aperta.
ResponderEliminar