Cada ano, e nesta data, un escritor galego é homenaxeado , e neste 2012 é Valentín Paz Andrade.
Valentín Paz Andrade, naceu na parroquia de Lérez, provincia de Pontevedra, o 23 de abril de 1898. Estudou o bacharelato en Pontevedra e foi á Universidade a Santiago de Compostela onde estudou para avogado. Dende moi novo escribiu en xornais e revistas, chegando a dirixir durante cinco anos o xornal GALICIA, e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. A Valentín gustáballe moito o mar e a pesca, por iso fundou, xunto con outras persoas a empresa Pescanova, adicada á pesca en mares moi afastados de Galicia e colaborou na FAO unha organización que se encarga de controlar a pesca en todo o mundo
Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con "Pranto Matricial", adicado a Castelao. Posteriormente publicou "Sementeira do Vento" e "Cen Chaves de sombra".
Aquí vai un LIM feito polo profesorado do CEIP Frián-Teis, moitas grazas polo voso traballo:
http://www.chiscos.net/xestor/chs/frian/valentin_peques/xogo.html
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario