Hoxe 5 de xuño é o día do medio ambiente, por iso imos falar un pouco sobre a importancia de cuidar o noso planeta.
Unha das moitas persoas que loitaron por esta causa foi Wangari , unha ecoloxista africana que loitou en Kenia polo coidado do medio ambiente plantando árbores.
Gañou o Nobel da Paz en 2004
Teño aquí un conto que narra a historia desta gran muller
Xa sabedes, plantar moito e non destruir
Imaxinade como sería a nosa vida sen árbores....ufff...non quero nin pensalo..
Se non coidamos o medio ambiente e non reciclamos, nin reutilizamos, nin reducimos os residuos imos quedar sen naturaleza, sen flores, froitas, verduras, animais, etc, etc...
Como consecuencia de non coidar o planeta morren animais, sécanse os ríos, arden os bosques, acumúlase a basura por todos os espazos naturais, contaminamos a auga, o aire que respiramos non é puro, etc.
Hai asociacións e organizacións que queren concienciar sobre esta problemática que é un problema de todos e todas. Entre estas asociacións están as seguintes ( se pinchades nas imaxes iredes á súa páxina web)
Tamén hai colectivos artísticos que fan arte con residuos que atopan nos ríos e nos montes, e despois de limpar recollendo ese lixo utilizano para crear algo artístico.
En Betanzos mismo , estivo exposta unha barca dos Caneiros feita con residuos atopados no río Mandeo. Unha obra de Retoqueretro.
Aquí o vedes nunha foto que fixen na praza do Concello.
A miña proposta para hoxe é que fagades un minimundo ecolóxico, con materiais da refugallo e elementos naturais que atopedes. Deixo algunha foto para que vos inspiredes
No hay comentarios:
Publicar un comentario