martes, 9 de junio de 2020

XOGAMOS CON LUZ NEGRA

Ola a tod@s!!!
Xa sei que moitos de vós tedes medo á escuridade. Pero de noite poden verse cousas maravillosas como a lúa , as estrelas e un montón de animais curiosos.
Imos a velos neste conto cantado por Aida Laut, "La noche".

                      
 E para que vos divirtades na escuridade hoxe propoño xogar con luz negra. 
Seguro que algún de vós ten unha caixa de luz que xa trae luz negra, pero para os que non teñades deixo un video de como facer luz negra na casa con movil ou linterna.


                    

E agora que xa tedes a luz negra ou ultravioleta imos xogar .
Con rotuladores fluorescentes ou pintura fluorescente debuxades os animais que saíron no conto nun folio e xa veredes que chulo se ve cando apagades a luz e enfocades coa luz negra.
Tamén podedes coller animais de xoguete , mollar os pes en pintura fluoresescente e pisar nun papel. Despois coa luz apagada enfocades coa luz negra e tedes que saber de que animal son as pegadas.
Se non tedes pintura fluorescente podedes facela pero con axuda dun adulto. Deixo un video que explica como facela.



E xa que estades podedes pintar follas secas, tubos de papel hixiénico, tapóns...todo con pintura fluorescente e descubride como se ven na escuridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario