Bo día!!!
Teño aquí o conto "O galo Quirico", un conto popular. O galo Quirico que ía á voda do tío Perico atopouse no camiño cunha bosta e no seu interior, un saboroso bocado.
Proposta de actividades sobre o conto:
Facer as marionetas de todos os personaxes do conto utilizando diferentes técnicas: .
-O Galo Quirico con plastilina.
-O tío Perico .
-A Herba con goma-eva.
-A Ovella con algodón.
-O Pau con pauciños.
-O Lume con papel de seda.
-A Auga con papel plateado.
-A Vaca, un collage con papel-charol negro.
- O Pastor, técnica libre.
- O Neno, técnica libre
Sabedes que en Portugal hai un galo moi famoso? O galo de Barcelos. Se premedes na imaxe os Lunnis contanvos a súa lenda.
E se queredes facer algún galo aquí tedes unhas fotiños para inspirarvos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario