Dende a Biblioteca do CRA de Bergondo queremos darvos a benvida a un novo curso cheo de interesantes e divertidas lecturas !!
martes, 22 de septiembre de 2015
martes, 24 de febrero de 2015
MAN, O alemán de Camelle
O Día Escolar pola Paz o celebramos coa visita da escritora e a ilustradora do libro de Man o alemán de Camelle: Beatriz Maceda e Laura Veleiro en a Senra.
Man, o
Alemán de Camelle é a historia ilustrada dun
heroe respectuoso coa natureza e co seu entorno, un artista que non precisaba
máis que as súas mans e os materiais atopados entre as rochas para crear un
museo único, ao aire libre, do que calquera visitante da vila mariñeira de
Camelle pode gozar.
Man naceu e pasou a súa infancia en Alemaña, tiña sete irmáns e
estudara arte en Italia. En Suiza impartiu clases de arte a persoas con
problemas de integración social. O seu interese pola perservación do medio
ambiente e a curiosidade por coñecer a costa galega leváronno ata a Costa da
Morte.
Chegou a Camelle en maio de 1962 nas festas patronais e dende
aquela instalouse no pobo este alemán solitario, educado, de bó aspecto e con
aire de turista, quedouse alí para sempre.
En novembro de 2002 e durante o accidente do Prestige, a mancha
do petróleo dañou as súas esculturas. Pensa a xente que Man deixouse morrer de
melancolía e tristura.
O 9 de novembro del 2010, un temporal destruíu o que quedaba da
súa obra.
Tivemos a
sorte de ter con nós ás autoras do libro de Man, Beatriz e Laura, que nos contaron
porque e cómo fixeron o libro.Nos dedicaron
o exemplar da nosa biblioteca agasallándonos tamén con láminas das
ilustracións do conto asinadas por elas, e nos animaron a participar no
obradoiro de pintado de pedras para que nos sentiramos artistas da natureza como Man.
domingo, 23 de noviembre de 2014
O peixe arcoiris
Educar a intelixencia emocional dos nosos alumnos convertiuse
nunha tarefa necesaria no ámbito educativo, traballando a educación emocional axudamos aos alumnos a ser pacientes, participativos,
empáticos, aprendendo a recoñecer e regular
as súas propias emocións.
Os obxetivos que intentamos conquerir co traballo sobre educación
emocional na aula, son os seguintes:
-Favorecer o desenvolvemento da confianza básica como sustento para a formación da persoa.
-Construir unha actitude empática como base da solidaridade.
-Sentir placer coas demostracións das propias emocións e sentimentos.
-Afianzar o desenvolvemento da linguaxe.
-Desenvolver conceptos matemáticos.
-Adquirir vocabulario emocional.
-Identificar as propias emocións e sentimentos.
-Recoñecercer os sentimentos i emocións dos demáis.
-Favorecer o desenvolvemento da confianza básica como sustento para a formación da persoa.
-Construir unha actitude empática como base da solidaridade.
-Sentir placer coas demostracións das propias emocións e sentimentos.
-Afianzar o desenvolvemento da linguaxe.
-Desenvolver conceptos matemáticos.
-Adquirir vocabulario emocional.
-Identificar as propias emocións e sentimentos.
-Recoñecercer os sentimentos i emocións dos demáis.
Os contos están deseñados para facilitar o diálogo cos nenos e nenas sobre
temas educativos que é importante tratar preventivamente xa dende a infancia.O
conto, é un marco de xogo que se adapta a linguaxe e á maneira de pensar dos
nenos.
1. El Pez Arcoiris
Arcoiris é o peixe máis fermoso do océano, coas súas preciosas escamas de mil colores. Pero a
pesares da súa beleza síntese moi solo.
Por que os demáis peixes non queren xogar con él?
lunes, 13 de octubre de 2014
O MAR ENTEIRO
Este curso imos comezar o proxecto “O MAR ENTEIRO” como continuación do anterior
“O MUNDO ENTEIRO”.
Viaxaremos polos mares adiante guiados por CRISTOVO a
mascota da nosa biblioteca.
Contounos a súa historia

Na súa vida anterior fora pirata e agora vainos levar de viaxe
polo mar para que coñezamos a súa vida , os seus tesouros….
Estamos a facer un Cristoviño cada un de nós
lunes, 19 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro
Como cada
ano, o 17 de Maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e, este curso
escolar, o homenaxeado é Xosé María Díaz Castro.
Poeta ao que
lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o
centenario do seu nacemento.
“Xosé María
Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño, lugar de San Vicente
d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María
Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín.
Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos
estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que
seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de
Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de
Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor,
segundo el mesmo manifestou.....
No Concello
de Bergondo convocouse o concurso de marcapáxinas coma os anos anteriores e
todos os alumnos das nosas escolas, logo de participar, recibiron un agasallo
do concello: o libro de Os Bolechas no Consorcio das Mariñas. Buscamos o lugar
de Bergondo que sobrevoaran no seu globo: a Ponte do Pedrido :
Encantounos o agasallo que veu a entregar a cada unha das escolas a Alcaldesa. Grazas Alejandra!!!!!!!
lunes, 10 de marzo de 2014
Seguindo o camiño amarelo...ata OZ.
Dende EEUU chega este conto.
É a primeira obra da literatura infantil dos Estados Unidos.
¿Queres coñecer un pouquiño máis sobre ela?
Olla esta LIM que creamos para ti dende o CRA de Bergondo.
Se non che abre directo preme en ENTRAR COMO CONVIDADO
É posible que non saibas onde está KANSAS, o estado dos 50 de EEUU onde vivía Dorothy, pois está xusto no medio e medio do país:
KANSAS, é chamado o estado do XIRASOIS, vede porque...
Pero tamén é chamado, de xeito non oficial, o Estado dos Tornados.
Por mor dun deses remuíños a casiña de Dorothy voóu ata Oz.
¿ Queres ver cos teus propios ollos cómo eran as cousas antes de que voara? Escoita a Dorothy cantar a súa famosa canción:
No caso de que queres ler un pouquiño o conto, aquí tes esta resumo tan completiño que vimos na Internet:
Na rede tamén atopamos esta obra de teatro moi chula para facer na aula ou simplemente para ler:
Na rede tamén atopamos esta obra de teatro moi chula para facer na aula ou simplemente para ler:
Non queremos que te perdas, así que segue connosco o camiño amarelo que te levará ata o fin desta entrada:
¿Sabes a quen atopa DOROTHY ao longo do camiño?
Pois claro que sí: a todos os seus amigos...
Aquí tes a letra da canción, por si as dúbidas:
¿Non quererás xogar un pouquiño en OZ?
Pois adiante, segue este camiño, porque antes de sair de OZ imos enviarte a dous sitios fabulosos onde disfrutar da maxia deste conto: a páxina oficial de OZ e a web do club de OZ. Pero, ollo, están en inglés...
Para nen@s está pensada esta
con xogos moi chulos
Un máis, e xa nos imos...
E aquí chegamos, xusto ata o final do camiño, que remata coas ilustracions orixinais do conto feita por WW DENSLOW, como xa sabías:
¿Non quererás xogar un pouquiño en OZ?
Pois adiante, segue este camiño, porque antes de sair de OZ imos enviarte a dous sitios fabulosos onde disfrutar da maxia deste conto: a páxina oficial de OZ e a web do club de OZ. Pero, ollo, están en inglés...
Para nen@s está pensada esta
con xogos moi chulos
Un máis, e xa nos imos...
E aquí chegamos, xusto ata o final do camiño, que remata coas ilustracions orixinais do conto feita por WW DENSLOW, como xa sabías:
VOLTADE AXIÑA. AMIG@S, e non esquezades visitar os demáis blogues do CRA.
martes, 25 de febrero de 2014
VIAXE A XAPÓN.
Aproveitando a estadía de Madlenka e todos nós no Xapón, elaboramos unha preciosa historia en formato Kamishibai, que é unha
forma de contar contos moi popular no Xapón .
Consiste en narrar un conto ou
historia nun teatriño no que se colocan
as láminas, que se van deslizando e pasando según vai discurrindo a historia. O
narrador vai lendo o texto que está no reverso mentres os nenos contemplan os
debuxos.
Fixemos un kamishibai colectivo entre todas as escolas do CRA.A experiencia resultou moi boa e creativa porque os nenos disfrutaron un montón coa
actividade e motívalles moito ver o traballo colectivo final.
Aquí tendes os estupendos resultados:
Aquí tendes os estupendos resultados:
Ten de música de fondo a canción Ureshii Hinna Matsuri; podes premer no icono do altofalante para lla baixar ou pausala.
Tamén o podes ler noutro formato:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























.jpg)







