lunes, 18 de mayo de 2020

O PODER DOS CONTOS

Ola familias!!!
Como van esos ánimos? Penso que algúns nenos e nenas xa empezan a amosar desánimo, irritación, cansancio... É normal porque xa levamos un período moi longo nesta situación tan extraña e descoñecida.
Dende a biblioteca do CRA, queremos recomendarvos que utilicedes os contos para que os vosos fillos/as podan expresar as súas emocións, os seus sentimentos , inquedanzas, etc. 
Os contos son unha ferramenta ideal nestas idades para que poidan evadirse dos problemas ou exteriorizalos. Ao contar un conto abrimos unha vía de comunicación para que expresen como se sinten.
No CRA  intentamos utilizar este recurso habitualmente, non só dende a biblioteca.
Por exemplo podedes escoitar un conto musicado contado pola profe María de Música. Veredes como vos gusta.

https://read.bookcreator.com/UfrUaDATXsYAj4enyrmR6oE7QXE3/xlM4jQ6xRhavCb_fg1nXaQ

Tamén a profe Cova cóntanos historias moi divertidas en inglés, coma ésta dun caracol moi inxenioso...

http://crainenglish.blogspot.com/2020/05/norman-slug-with-silly-shell.html

No blogue da profe Dolores podedes atopar moitas ideas para inventar e crear os vosos propios contos, veredes, é moi divertido

http://audicionelinguaxecrabergondo.blogspot.com/2020/05/dados-conta-historias.html

Deixo un enlace coas mellores bibliotecas virtuais onde podedes atopar todo tipo de libros. Aproveitade...
Picade na imaxe

https://www.oyejuanjo.com/2015/11/10-bibliotecas-virtuales-para-tus-hijos.html?m=1





No hay comentarios:

Publicar un comentario