miércoles, 13 de mayo de 2020

ACHÉGASE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Ola a tod@s!!!
Xa sabedes que o día 17 de maio é o .Día das Letras Galegas
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro. Imos a saber un pouco máis sobre esta extraordinaria muller...



Como a Rosalía de Castro a nós tamén nos gusta moito falar en galego, así o cnataban fai uns anos os silvosiños cunha canción de Paco Nogueiras





Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero. Queredes coñecelo?



O venres contareivos un conto deste autor. Mentras podedes ir sabendo máis cousiñas sobre el e facer actividades na seguinte páxina. Pinchade na foto

https://primaveradasletras.gal/




No hay comentarios:

Publicar un comentario