Bo día!!!
Comezamos unha nova semana, na que celebraremos o día internacional do xogo .Por iso ao longo da semana xogaremos con moitas cousas.
Hoxe comezamos con este conto LA NIÑA DEL PARCHE EN LA CIUDAD DE LOS COLORES OLVIDADOS que empeza con tristeza pero acaba cheo de cor.
Xa sabedes ...a vida está chea de cores..
E que tal se pintamos un pouco? Probade a facer mezclas de cores, con diferentes materiais non só pintura (fariña, area, azucre,sal, espuma de afeitar, purpurina...) Se pinchades na imaxe hai moitas ideas.
Tamén podedes pintar elementos da natureza como pedras, follas, paos,cortezas, etc
E probade a pintar con diferentes utensilios: as mans, plumas, pinceis feitos con ramas, bastoncillos,esponxas, etc.
Xa sabedes,,,a experimentar e imaxinar, pero con moita cor...
E mirade que bolboreta máis colorida mandou Daniel Cives. Gracias Dani, encántanos que nos enviedes fotos. Unha bolboreta preciosa.
Se queredes mandar máis fotos dos traballiños que facedes eu ascolgareinas no blogue.( bibliocraber@gmail.com)
Ata mañá!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario