Hoxe mércores comezamos cun libro coñecido: A que sabe a lúa? de Michael Grejniec, editado por Kalandraka.
Vamos a ver un video no que a profe Rosa de Silvoso nos conta esta historia. Xa veredes que ben a conta.
No seu blogue tedes un puzzle do conto para facer http://escoladesilvoso.blogspot.com/
Eu propoño unha ficha. Tedes que escribir dentro do circulo que está en cada animal o número que corresponde ao lugar no que aparece no conto. Por exemplo o animal que aparece en primeiro lugar, a tartaruga, terá o número 1, e así sucesivamente.
Tamén podedes facelo con gomets cos números.
Tamén vos deixo os personaxes por si queredes recortalos e montar vós o conto.
Tamén atopei na rede este dado para xogar . Primeiro o recortades e montades e despóis tirades e hai que facer o ruido do animal que vos toque.
E para rematar unha sopa de letras na que tedes que buscar aos animais que saen no conto (en galego)
No hay comentarios:
Publicar un comentario