Ola a tod@s!!!
Este martes toca xogar coas letras.
Comezamos con este libro Abecebichos de Daniel Nesquens
Tamén hai outro libro o ABC animal que vos contei fai uns días.
Podedes volver a velo pinchando aquí ↓
Eu fixen moitos xogos cos meus fillos estos días . Aquí deixo fotos para darvos ideas.
Proposta de xogos de hoxe:
Recortar letras de periódicos e revistas e formar palabras.
Facer letras con elementos da natureza
Debuxar letras en fariña, area ou sal.
Facer letras nun xeoplano (neste caso é caseiro)
Facer acrósticos
Construimos palabras con cousas que atopamos pola casa, pola cociña por exemplo.
Usamos materiais de reciclaxe para facer letras ( tapóns, cartóns, tubos de papel hixiénico...)
Facemos letras de plastilina.
Buscamos letras pola casa ou pola rúa.
Facemos letras co noso corpo.
Sopas de letras
Crucigramas
Hai infinidade de xogos coas letras, a ver si nos sorprendedes.
Enviade algunha fotiño a bibliocraber@gmail.com. O venres publicarei tódalas fotos de xogos que me enviedes.
Un bico grande!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario